A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 18 de agosto de 2000, adoptou entre outros, o seguinte acordo:
1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle da área de planeamento específico APE-H2.01, San Amaro, presentado pola Comisión Xestora, tendo en conta que debe indicarse que as liñas de edificación en planta alta e o número de plantas son obrigatorias, así mesmo que os aproveitamentos subliñados nas distintas parcelas son máximos e que o cómputo se efectuará de acordo co disposto no Plan xeral.
2. Ordena-la publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.
O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.
Os gastos de publicación deste anuncio serán satisfeitos polo seu promotor.
A Coruña, 25 de agosto de 2000.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

