Unha vez resoltas as reclamacións presentadaas contra o concurso ref. O2000/33, anúnciase novamente a licitación:
1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Seción de Contratación. b) Número de expediente: O2000/33.
2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de ampliación, reforma e acondicionamento do Mercado de Santo Agustiño. Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 129.940.153 ptas. (780.956,05 euros) (IVA incluido).
5. Garantía provisional: 2.598.803 ptas. (15.619,12 euros).
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: grupo C, subgrupos 4, 6, 7 e 9, categoría c.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: un mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 8 de setembro de 2000.
P.D.
Javier Losada de Azpiazu
Teniente alcalde coordinador de Facenda e Interior

