Por Decreto da Alcaldía, do 8 de setembro de 2000, aprobouse a adxudicación mediante concurso para
a contratación da producción integral dos espectáculos e actividades do programa das festas do San Froilán do ano 2000; polo presente anúnciase a licitación consonte as seguintes características:
1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a contratación da producción integral dos espectáculos e actividades do programa das Festas do San Froilán do 2000 no referente a:
I) Dotación de instalacións e equipamentos necesarios para a realización do programa.
II) Prestación de servicios auxiliares de persoal de producción e organización.
III) Prestación dos servicios de catering.
d) Prazo de duración: do 3 de outubro o 13 de outubro.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación.
Importe total: o importe total do contrato é de 16.240.580 ptas.
5. Garantías.
Provisional: 324.811 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.
b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.
d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.
e) Telefax: 982 29 72 59.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sexta do prego de condicións económico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legamente establecidos.
2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.
3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: pza. Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o seguinte día hábil ó remate do prazo de presentación das proposicións.
10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 8 de setembro de 2000.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D.
Fernando X. Blanco Álvarez
Teniente alcalde delegado da Área

