Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO.

Aprobado pola Comisión de Goberno do Concello de Meis, o prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexerán a contratación, por concurso con procedemento aberto e tramitación urxente, da seguinte obra: saneamento en Valboa, do POL/2000.

Tipo de licitación: 11.775.756 pesetas.

Queda exposto ó público durante catro días hábiles, contados desde o seguinte á publicación do último anuncio no BOP ou no DOG, co obxecto de presentación de reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará no caso de presentarse reclamacións ó prego de cláusulas administrativas.

a) Obxecto e prezo de licitación: descritos no parágrafo anterior.

b) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación do expediente: tramitación: urxente; procedemento: aberto; forma: concurso.

c) Garantías.

-Provisional: 2% do tipo de licitación.

-Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

d) Prazo de execución: seis meses.

e) Obtención de documentos e información: o modelo de proposición, pregos de cláusulas admi

nistrativas e demais documentación están á disposición dos interesados nas oficinas municipais, tódolos días hábiles, de 9 a 14 horas.

f) Presentación de proposicións: nas oficinas deste concello, de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais a partir do seguinte á publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

g) Criterios de adxudicación: melloras no proxecto técnico. Obras de natureza análoga.

h) Apertura de proposicións: no salón de sesións do concello, ás once horas do día hábil seguinte á terminación do prazo de presentación de propostas, excepto sábados.

Meis, 8 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado