O Concello Pleno, na sesión do día 31 de xullo de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial relativo ó sector SUNP B-25-R As Torres, na Cova (Oleiros).
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que se dictou (ó abeiro do disposto polos art. 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do R.X.A.P.P.A.C.).
Tamén se poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-adminsitrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiro, 22 de agosto de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

