Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 24 de agosto de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa do Liño, esquina avda. de Buenos Aires, condicionado a:
1. A execución do presente proxecto de urbanización será simultánea á edificación.
2. A propiedade deberá dar cumprimento ós requisitos establecidos no artigo 40 do RXU.
3. Como garantía destas obras a propiedade deberá consigna-lo aval polo importe total do proxecto para que, en caso de que esta non as execute, poida facelo subsidiariamente, con cargo a ela, a Administración.
4. Dar cumprimento ós informes técnicos referidos en canto á execución das obras.
De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a expropiación pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.
Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 6 de setembro de 2000.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde

