Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.592

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECIÓN de erros.-Orde do 1 de setembro de 2000 pola que se regula o procedemento de elección dos vocais da Comisión Galega de Artesanía, que representan ós artesáns inscritos na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 183, do 20 de setembro de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 13.174, primeira columna, artigo 7º, primeiro parágrafo, onde di: «os artesáns emitirán

o seu voto por correo, conforme o modelo que se publica como anexo II á presente orde, co que se achegará unha fotocopia do documento nacional de identidade do votante en sobre pechado no que debe figura-lo seguinte enderezo:», debe dicir: «conforme os modelos que se publican como anexo II e III a esta orde, os artesáns emitirán o seu voto (anexo II) nun sobre pechado que se introducirá dentro doutro sobre, xunto co anexo III e a fotocopia do DNI do votante; a documentación remitirase por correo ó seguinte enderezo:».

Na páxina 13.175, primeira columna, no anexo II producíronse diversos erros, polo que cómpre a nova publicación do anexo II conforme o seguinte texto:

ANEXO II

Modelo de voto para a elección dos vocais provinciais representantes dos artesáns inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia

Voto ó/á candidato/a.

Don/Dona............

Que se presenta pola provincia de.........

Na páxina 13.175, primeira columna, omitiuse o anexo III, polo que debe engadirse o seguinte texto:

ANEXO III

Documentación acreditativa da inscrición no censo electoral para as eleccións de vocais provinciais representantes dos artesáns de cada provincia inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia creado na Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia.

Don/Dona

Enderezo

Inscrito/a no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia coa carta de artesán/artesá nº