Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 7 de xuño de 2000, correspondentes á categoría 27 (coordinador/a de actividade externas) (lista B), do grupo I.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 12 de setembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Carmen Nogueira Blanco contra a Resolución do 7 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 27 (coordinador/a de actividades externas) (lista B), do grupo I.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por esta, nas listas publicadas por Resolución do 7 de xuño de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 27 (coordinador de actividades externas) (lista B), do grupo I, cos datos seguintes:

Carmen Nogueira Blanco, DNI: 52.481.533, lista B. Puntuación: 1,000 puntos.

-No posto número 23 para o ámbito U0000.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública