Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.617

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de setembro de 2000 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por ordes do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), 15 de marzo de 1999 (DOG do 22) e 15 de marzo de 2000 (DOG do 22) e están ocupando vacante dotada orzamentariamente.

Por ordes do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), 15 de marzo de 1999 (DOG do 22) e 15 de marzo de 2000 (DOG do 22) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O punto 1 da base común 12 das citadas ordes establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais (ou definitivos) que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario os opositores que se relacionan no anexo da Orde do 18 de setembro de 1999 (DOG do 27 de outubro).

Segundo.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas os opositores que se relacionan nos anexos II, III, IV e V da Orde do 11 de agosto de 2000 (DOG do 23 de agosto), coa excepción de Agustín González Fernández, DNI 07.874.305, que figura no anexo II, disciplina francés, nº 54, por ter concedido un aprazamento da dita fase e os que sendo funcionarios de carreira do grupo B non se incorporen a un novo destino do corpo de ensino secundario.

Terceiro.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 22 de setembro, excepto para os que estivesen prestando servicios como interinos no curso 1999-2000, caso no que terá efectos económicos do 1 de outubro de 2000.

Cuarto.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Quinto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Sexto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria