De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, pola que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.
Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. No caso de que resulte seleccionado para ocupar un dos postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde un funcionario con destino noutra Administración pública, ou que preste servicios nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, que de non emitirse no prazo de 15 días se considerará favorable, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto se se considera oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.
Oitava.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa públicación.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2000.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio
ANEXO I
Código: IC.C05.00.001.15770.001.
Denominación do posto: subdirector xeral de Comercio.
Dependencia: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
Localidade: Santiago de Compostela.
Tipo de posto: S.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo: A.
Nivel: 30.
C. específico: 2.363.275.
Formación específica: 523.