Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de setembro de 2000 pola que se autoriza o centro privado de formación profesional específica Tesdai de Santiago de Compostela para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Examinado o expediente instruído por instancia de José Antonio Quintáns Rego, titular do centro privado de formación profesional específica Tesdai de Santiago de Compostela, solicitando autorización para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, dado que o dito centro xa conta con autorización para imparti-lo ciclo mencionado en quenda de mañá segundo a Orde do 3 de febreiro de 2000 (DOG do 22 de febreiro).

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados

aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado de formación profesional específica Tesdai de Santiago de Compostela para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos en quenda de tarde-noite, segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun

mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro, nº 42 A.

Código do centro: 15032066

Denominación: centro privado de formación profesional específica Tesdai.

Titular: José Antonio Quintáns Rego.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

Familia profesional: informática.

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).

Quenda de tarde-noite:

Familia profesional: informática.

-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).