Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de setembro de 2000 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e para realizar estadías en empresas.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 10 de marzo de 2000, convocáronse axudas para alumnos e profesores de cen

tros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e para realizar estadías en empresas.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 7 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322T.480.0, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I, que se presentaron no terceiro prazo establecido (do 11 de abril ó 1 de xuño de 2000, punto quinto.1 do DOG do 20 de marzo de 2000) por valor de 10.923.262 pesetas.

Segundo.-Denegar ou excluír, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De acordo co artigo 9 da orde de convocatoria, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo de aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez rematada a actividade e logo da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade, o pagamento realizarase integramente unha vez rematada e xustificada a actividade.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poidan efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memoria.

Os centros beneficiarios enviarán unha memoria das actividades realizadas que inclúe:

a) Resumo do desenvolvemento da actividade realizada.

b) Obxectivos conseguidos.

c) Procedemento de avaliación utilizado, resultados obtidos e difusión que se realizou deles.

A memoria irá xunto cunha certificación do director do centro na que se faga consta-lo nome e número de DNI do profesor responsable do proxecto e dos profesores que o acompañaron na viaxe. Igualmente engadirase unha certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra Administración ou ente público.

3.2. Xustificación de gastos efectuados.

Os centros educativos enviarán unha certificación do Consello Escolar do centro aprobatoria do gasto, xuntando unha relación detallada dos gastos efectuados.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto na Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dictar tantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento correcto desta orde.

Segunda.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Centros seleccionados

Tipo de acciónCentro escolarNº Prof.Nº Alum.Axuda solicitadaAxuda concedidaPaís de destino

IntercambioIES Valentín Paz Andrade3351.999.460780.000Portugal

Visita de estudioCEIP A Cuqueira10200.000126.000Italia

Visita de estudioCEIP García Barbón10553.750133.000Hungría

IntercambioIES de Elviña2203.543.0001.060.000Italia

Visita preparatoriaIES de Teis10285.000150.000Finlandia

Tipo de acciónCentro escolarNº Prof.Nº Alum.Axuda solicitadaAxuda concedidaPaís de destino

Visita preparatoriaIES de Teis10225.000150.000Suecia

Prácticas alumnosEsc. Restaur. Galicia0172.652.0001.700.000Italia

Estad. format. prof.Esc. Restaur. Galicia10282.500140.000Italia

IntercambioIES Félix Muriel2221.923.0001.150.000Italia

IntercambioCEIP Brea Segade2141.288.000790.000Italia

Visita de estudioCEIP Pepe de Xan Baña10125.000100.000Francia

IntercambioIES de Sar220832500624.375Francia

MultiencontroIES Xelmírez II2161.861.712700.000Francia

Estad. format. prof.IES Carlos Oroza20678.400230.000Francia

Visita preparatoriaIES de Vilamarín10400.000100.000Francia

Estad. format. prof.Esc. Restaur. Galicia10282.500140.000Italia

IntercambioCEIP de Ventín-Ames2121.711.000700.000Inglaterra

Visita de estudioIES Ferro Couselo10198.000126.000Portugal-Azores

Visita de estudioCEIP Brea Segade10150.000126.000Italia

IntercambioIES 1º de Marzo2241.672.512980.000Francia

IntercambioIES nº 1 de Pontedeume2141.223.850917.887Finlandia

ANEXO II

Centros excluídos

Tipo de acciónCentro escolarMotivo da denegación

Visita preparatoriaUniversidade Popular de VigoCentro escolar non elixible

Curso de idiomasColexio Maristas-OurenseCentro non concertado para os niveis solicitados

Visita de estudioCEIP Raíña FabiolaNon ten renovado Comenius-1

Estadía formativa alumnosIES Parga PondalSolicitude fóra de prazo