Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 10 de outubro de 2000 Páx. 13.894

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 233/2000, do 28 de setembro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 f) do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.- Noméase membro titular do Consello Económico e Social de Galicia a Fausto Santamarina Fernández, segundo a proposta da Conferación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA