Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 10 de outubro de 2000 Páx. 13.893

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 232/2000, do 28 de setembro, polo que se dispón o cesamento de dous membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, Rafael Sánchez Sostre e como membro suplente do anterior,

Fausto Santamarina Fernández, en representación da Conferación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente