Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:
Antecedentes de feito.
Primeiro.-Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.
Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 223), outórgaselle concesión administrativa a Agustín Iglesias Rey para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 4.808,75 m, en precario por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.
Por Orde do 29 de xullo de 1985 (DOG nº 153), outórgaselle concesión administrativa a Vicente García López para instalar un parque de cultivo de molus
cos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 10.202,50 m, por un período de dez anos, prorrogables por petición do interesado.
Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.
Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.
Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expiraron, e de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións extinguiranse polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.
Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2000.
P.O. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura
ANEXO
1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.
Parcela nº Concesionario m
64 Vicente García López 7.450
66 Ramón Abelenda Ares 236
159 Juan Omil Dopazo 152
160 Manuel García López 152
183 José Abelenda Baltar 90
226 José Abelenda Baltar 264
236 José Barreiro Naveiro 176
242 José Búa Lorenzo 357
244 Juan Lorenzo Pérez 267
248 Luisa Conde Maneiro 55
261 Constantino Silva Ramos 186
262 Feliciano Dávila Conde 149
285 Vicente García López 53
329 Ramón Abelenda Ares 82
360 Constantino Silva Ramos 22
361 Constantino Silva Ramos 197
364 Constantino Silva Ramos 21
398 Severino y Manuel Diz Búa 69
418 Manuel Diz Búa 190
431 Severino y Manuel Diz Búa 416
433 Manuel Diz Búa 88
447 Sofía Quintáns González 126
463 Constantino Silva Ramos 49
464 Rufino Maneiro Crespo 102
470 Severino Diz Búa 690
475 Sofía Quintáns González 92
489 Rodrigo Crespo García 59
514 Manuel González Alonso 149
516 Francisco Franco Boullosa 66
521 Carlos Franco Boullosa 61
525 Mª Luisa Conde Maneiro 568
546 Rodrigo Crespo García 70
556 Severino Diz Búa 56
562 Ramón Fernández Silva 77
566 Ramón Fernández Silva 539
569 Vicente García López 3.115
571 Rodrigo Crespo García 616
585 Claudio Lemos Silva 238
663 Ramón Abelenda Ares 470
671 Antonio Pazos y Marcial Nogueira 4.638
699 Agustín Iglesias Rey 755
700 Agustín Iglesias Rey 677
723 Vicente y Manuel Mollinedo Veloso 75
774 Manuel Barreiro Castaño 84
853 Ramiro Sampedro Millares 154
870 Ramón García Armas 553
880 Ramiro Sampedro Millares 60
884 Estrella Barreiro Gómez 182
893 Lorenzo López Suárez 79
Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 223), outórgaselle concesión administrativa a Agustín Igle
sias Rey para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 4.808,75 m.
Parcela nºConcesionariom
Exp. 5526 Agustín Iglesias Rey4.808,75
Por Orde do 29 de xullo de 1985 (DOG nº 153), outórgaselle concesión administrativa a Vicente García López para instalar un parque de cultivo de moluscos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 10.202,50 m.
Parcela nºConcesionariom
Exp. 5538 Vicente García López10.202,50

