Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 10 de outubro de 2000 Páx. 13.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

CONVOCATORIA de axudas de acción social para o persoal do Consello de Contas de Galicia para o exercicio 2000.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia en reunión do 4 de outubro de 2000 aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas ó seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2000. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, quedando aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte do da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro Maior