En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da suministración e instalación de equipamento informático para o Igape.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.
b) Número de expediente: CP nº 17/2000.
2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipamento informático para o Igape, coa seguinte desagregación en lotes:
Lote 1: subministración e instalación de ordenadores de usuario.
Lote 2: subministración e instalación de impresoras de grupo.
Prazo de instalación e posta en marcha do equipamento contratado: o establecido na oferta técnica do adxudicatario, que non excederá o 20 de decembro de 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 10.474.800 ptas. (dez millóns catrocentas setenta e catro mil oitocentas pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación por lotes:
Lote 1: 5.440.400 ptas., IVE incluído.
Lote 2: 5.034.400 ptas., IVE incluído.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.
6. Clasificación: non se esixe.
7. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.
d) Teléfono: 981 54 11 01.
e) Telefax: 981 54 10 92.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
8. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.
9. Variantes: admítense variantes sobre a configuración técnica dos equipos ofertados.
10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 11.30 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 11.30 horas do décimo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas
procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.
11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2000.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

