Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 13.974

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 238/2000, do 11 de outubro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República Arxentina e á República Orien

tal de Uruguai, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confiere o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Arxentina e á República Oriental de Uruguai, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde ó día catorce de outubro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, once de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente