Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 13.975

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de outubro de 2000 pola que se nomean os membros do xurado do Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística e do Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2000.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de xuño de 2000 (DOG do 21 de xuño), convoca o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística e o Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2000.

Na base sexta do artigo 1 da citada orde establécese a composición do xurado que seleccionará os candidatos. Na súa virtude, e de acordo coas propostas das institucións correspondentes, cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado. Polo que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membros do xurado do Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Huma

nística e do Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2000, as persoas que a seguir se relacionan:

Presidente:

-Juan Piñeiro Permuy, exconselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e expresidente do Consello Escolar do Estado.

Vocais:

-Isidro Gonzalo Bango Torviso, catedrático na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Autónoma de Madrid.

-Alfonso Barca Lozano, catedrático na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

-Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

-Carmelo Lisón Tolosana, catedrático emérito na Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.

-Ermelindo Portela Silva, catedrático na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

-Dolores Troncoso Durán, catedrática na Facultade de Humanidades da Universidad de Vigo.

Secretario: Benito R. Fernández Rodríguez, subdirector xeral de Xestión da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, que actuará con voz pero sen voto.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública