Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 13.988

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de outubro de 2000 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 30 de decembro de 1997 para o acceso ós distintos corpos da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Unha vez resolto o concurso 5/1999, convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999 (DOG nº 235, do 7 de decembro) e ó obxecto de que os funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 30 de decembro de 1997 para o acceso ós distintos corpos de Administración xeral na Administración autonómica, accedan a un posto con carácter definitivo, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los funcionarios dos distintos corpos da Administración da Xunta de Galicia nomeados polas ordes do 27 de decembro de 1999 e 16 de febreiro de 2000 (DOG nº 5, do 10 de xaneiro e 24 de febreiro de 2000) para a elección de destino definitivo, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 19 de outubro de 2000, de conformidade co seguinte horario:

Ás 9.15 horas convócase ós funcionarios do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), para o acto de petición que terá lugar ás 9.30 horas, podendo elixir segundo a orde acadada no correspondente proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 10, do 16 de xaneiro de 1998), entre os postos que se relacionan no anexo I sempre que se reúnan tódalas condicións esixidas nel.

Ás 9.45 horas convócase ós funcionarios do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), para o acto de petición que terá lugar ás 10 horas, podendo elixir segundo a orde acadada no correspondente proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 1998), entre os postos que se relacionan no anexo II sempre que se reúnan tódalas condicións esixidas nel.

Ás 10.15 horas convócase ós funcionarios do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), para o acto de petición que terá lugar ás 10.30 horas, podendo elixir segundo a orde acadada no correspondente proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 1998), entre os postos que se relacionan no anexo III sempre que se reúnan tódalas condicións esixidas nel.

Ás 11 horas convócase ós funcionarios do corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), para o acto de petición que terá lugar ás 11.15 horas, podendo elixir segundo a orde acadada no correspondente proceso selectivo convocado polas ordes do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 1998), entre os postos que se relacionan no anexo IV sempre que se reúnan tódalas condicións esixidas nel.

Ás 13.15 horas convócase ós funcionarios do corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E) para o acto de petición que terá lugar ás 13.30 horas, podendo elixir, segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 13, do 21 de xaneiro de 1998), entre os postos que se relacionan no anexo V.

En primeiro lugar elixirán, dentro de cada corpo, os funcionarios que accederan pola quenda de promoción interna e a continuación os de acceso libre e todos eles de acordo coa orde de prelación de puntuación obtida nos distintos procesos selectivos.

Non poderán elixi-los funcionarios que accederon pola quenda de promoción interna e optaron o 17 de decembro de 1999 por continuar na praza que viñan ocupando con carácter definitivo cando o nivel de esta se atopaba incluído no intervalo de niveis do corpo e grupo ó que accederon.

Tampouco elixirán os funcionarios que tomaran posesión, con carácter definitivo, nun posto de libre designación.

Os funcionarios deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa personalidade.

Os que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aqueles que soliciten postos de traballo que na correspondente relación de vacantes figuren con requisitos imprescindibles para o seu desempeño deberán ir provistos dos documentos xustificativos correspondentes e, se é o caso, copia cotexada fidedignamente, para acreditar que reúnen os ditos requisitos.

Unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós funcionarios presentes ou representados, ós que non comparezan persoalmente nin por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles corresponden atendendo á orde de publicación desta e o número obtido nos procesos selectivo se entre as que quedaran sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e

Administración Pública