Por Resolución do 5 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 177, do 12 de setembro de 2000, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B) (corrección de erros no DOG do 27 de setembro de 2000).
Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orde do 5 de xuño de 2000, publicada no DOG nº 114, do 13 de xuño, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B).
A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.
As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
Para os efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.
De conformidade co establecido na base I.3.1, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación definitiva de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia. Grupo B. Acceso libre.
discapacit. exame (*) exclusión
Apelidos e nome DNI Quenda
Exento 3º
Causas de
Arribas López-Anglada, Mª Jesús 33.268.136 10
Arribas Palacios, Marina 09.766.028 20
Calderón Rodríguez, María Noemi 33.298.102 10
Costa Iglesias, José Carlos 78.788.042 10, 53
García Fernández, Fernando Ramón 35.304.555 20
González Diz, Emilia 35.545.881 34
Martínez García, Carlos 35.291.913 10
Martínez Rodríguez, Antonio 34.961.475 Si 20, 57
Moure Vázquez, María Enma 33.320.924 20
Polo Ulloa, Gabriel Alfonso 02.471.382 10, 20
Rivas Vázquez, Carmen Elena 33.829.816 20, 53, 57
Rodríguez Álvarez, Raúl 02.626.884 10
Suárez Rodríguez, Rosa Mar 32.780.716 20
Relación definitiva de excluídos ó proceso selectivo para o acceso a funcionarios de corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia. Grupo B. Promoción interna.
discapacit. exame (*) exclusión
Apelidos e nome DNI Quenda
Exento 3º
Causas de
Seoane Sánchez, María Encarnación 33.268.878 20
(*) Inclúense nesta alínea os que, ata o día da data, acreditaron correctamente a documentación á que se refire a base II.1.1.c
Causas de exclusión:
10:instancia fóra de prazo.
20:taxas baremo non aboadas ou aboadas fóra de prazo.
21:importe de taxas ingresadas inferior ó estipulado.
30:menos de dous anos no grupo inmediatamente inferior.
31:opta á quenda de discapacitados sen o 33% de discapacidade.
33:instancia sen asinar.
34:instancia non orixinal.
50:instancia incorrecta (emendas, riscaduras...).
52:non ter ou non acreditar nacionalidade autorizada.
53:falta o DNI ou DNI incorrecto.
54:excluído por non ter ou non acredita-la idade esixida.
55:non cumprir ou acreditar requisito de titulación.
56:non pertencer ó corpo/escala correspondente.
57:certificado de discapacidade non presentado ou mal cotexado.

