En cumprimento do acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 18 de setembro de 2000, que se reproduce a seguir, resolvo dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia anunciando a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na relación de postos de traballo do Consello de Contas.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2000.
Luciano Fariña Busto
Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia
Acordo da Comisión de Goberno do Consello de contas de Galicia pola que se aproba a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos vacantes no Consello de Contas de Galicia.
De acordo cos artigos 3 e 17 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, en o artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta Comisión de Goberno acorda:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dous postos de traballo que indican no anexo I.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para cada posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Consello de Contas de Galicia (rúa Ramón Piñeiro, nº 29, Santiago de Compostela), directamente, ou do xeito previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á súa petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación expedida en forma regulamentaria ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a para ocupa-los postos de traballo relacionado no anexo I deste acordo un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose en tal sentido de non emitirse nun prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado, se é o caso, o seu traslado a este Consello de Contas, procederase á súa toma de posesión no posto para o que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous meses, a partir da súa publicación no DOG, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar ó Consello de Contas, poderase considerar deserto o posto e proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-Esta convocatoria será resolta pola Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia.
Sétimo.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.
Oitavo.-O prazo de toma de poseisón será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.
Noveno.-Contra este acordo cabe interpor recurso administrativo de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes, contado
a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
ANEXO
Nº vacantes: 1.
Localidade: Santiago de Compostela.
Institución: Consello de Contas.
Posto de traballo: auditor.
Grupo: A.
Nivel c. destino: 30.
Específico (en miles): 2.884.
Requisitos: licenciado. Pertencer a un corpo superior da C.A. de Galicia, das administracións do Estado, outras CC.AA., OO.AA., CC.LL., S.S.
Méritos preferentes: experto en auditoría.
Nº vacantes: 1.
Localidade: Santiago de Compostela.
Institución: Consello de Contas.
Posto de traballo: xefe da Sección de Persoal e Material.
Grupo: B.
Nivel c. destino: 25.
Específico (en miles): 1.216.
Requisitos: titulado medio. Pertencer a un corpo de xestión da C.A. de Galicia, das administracións do Estado, outras CC.AA., OO.AA., CC.LL., S.S.
Méritos preferentes: experiencia en administración de recursos persoais e de material.

