Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 14.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se declara a tramitación, polo procedemento de urxencia, do expediente da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. A.T. 95/381, L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Abelenda no concello da Cañiza, e se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación. (Expediente 95/381 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación, polo procedemento de urxencia que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación, e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación

ACORDA:

1º Declarar, en concreto, a necesidade da ocupación, polo procedemento de urxencia establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, co

fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 95/381 L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Abelenda, da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron outrogadas por resolucións desta delegación do 16 de febreiro de 1996.

2º Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se xunta, co alcance que se determina.

3º Sinala-la data pra o levantamento das actas previas á ocupación, que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir das 10 horas do día 19 de outubro de 2000, polo que deberán acudi-los afectados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade, e podendo facerse acompañar de perito ou notario á súa custa.

Fincas: 1-35.

Hora: 10.

Día: 19-10-200.

Nº expediente: 95/381.

Denominación da liña: L.M.T.-C.T.-R.B.T. A Abelenda.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Situación da liña: Abelenda-concello da Cañiza.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 635 m de lonxitude, conductor LA-56, sobre apoios de formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa, contra este acordo non procede recurso ningún; non obstante

os interesados poderán, unha vez publicada esta relación e ata o momento de actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir posibles erros que se padeceron na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 8 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 95/381 Provincia: Pontevedra

L.M.T. C.T. R.B.T. A AbelendaTermo municipal: A Cañiza

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1FábricaMonte altoPregomar, S.L.A Aldeíña, s/n

36884 Petán-A Cañiza

160960

2RedondiñaMonte altoRosa Estévez Suárez e irmánsO Piñeiro s/n

36884 Petán-A Cañiza

133528

3RedondiñaMonte altoApoderado Manuel Fidalgo PedrosaPereiras s/n

36884 Petán-A Cañiza

10160

4RedondiñaMonte altoManuel Miguélez FerreiroSenande, s/n

36884 A Ponte Deva-A Cañiza

24384

7Sua BouzaMonte altoDescoñecido Rpta. fiscal audiencia prov.Salvador Moreno, 11

36001 Pontevedra

350

9MolediñoMonte altoHrdos. Aquilino Pérez MartínezEstrada, 36

36880 A Cañiza

9144

10MolediñoMonte altoAvelina DomínguezValdomar, s/n

36872 Covelo

10160

11MolediñoMonte altoAntonio Pérez Sánchez e irmánsA Abelenda, s/n

36884 Petán-A Cañiza

16010

30BorciñaPradoApoderado José Estévez DomínguezA Abelenda, s/n

36884 Petán-A Cañiza

15150

35LeiraLabradíoHrdos. Rosa Estévez MoureRúa Romil, s/n

Vigo

15140