Visto o escrito presentado pola empresa Hidroeléctrica de Fragoso, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en r/ Sáenz Díez, 43. entpla., 32003 Ourense, solicitando autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución das instalacións electromecánicas e recoñecemento da condición de instalación acollida o réxime especial regulado polo R.D. 2818/1998, do aproveitamento hidroeléctrico de Fragoso, situado no río Fragoso, termos municipais de Lobeira e Lobios, provincia de Ourense, resultan os seguintes
Antecedentes de feito.
Primeiro.-Con data do 28 de maio de 1990, la Confederación Hidrográfica del Norte resolveu outorgar a Incinersa, S.L. a concesión de aproveitamento hidroeléctrico de 5.000 l/s de auga para derivar do río Fragoso, nos termos municipais de Lobeira e Lobios.
Segundo.-Con data do 4 de febreiro de 1992, a Confederación Hidrográfica del Norte modifica a concesión anteriormente mencionada, outorgando un caudal para derivar de 4.000 l/s, e aproba o proxecto constructivo de febreiro de 1991.
Terceiro.-O 6 de febreiro de 1997, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou formula-la declaración de impacto ambiental correspondente ó dito proxecto.
Cuarto.-Con data do 19 de xaneiro de 2000 a sociedade Hidroeléctrica de Fragoso, S.L. solicita o cambio de titularidade do citado aproveitamento, xustificando documentalmente a compra dos dereitos sobre ela.
Quinto.-Con data 22 de marzo de 2000, a Confederación Hidrográfica del Norte aproba a transferencia do aproveitamento de 4.000 l/s de auga do río Fragoso concedida a Incinersa, S.A. a favor de Hidroeléctrica de Fragoso, S.L.
Sexto.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Fragoso, segundo o seu proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Jorge Mestres Lucas, ten as seguintes características:
-Caudal concesional: 4.000 l/s.
-Salto bruto:132 m.
-Potencia instalada: 4.000 kW.
-Previsión de enerxía cedida a rede:9,103 GWh/ano.
-Dúas turbinas tipo Francis, de eixe horizontal, para 2 m/s de caudal máximo e 112 m de salto neto nominal.
-Dous xeradores síncronos trifásicos de eixe horizontal, con potencia total en bornes de 3.868 kW e tensión de xeración 6 kV.
-Dous transformadores de potencia de 2.500 kVA/u e relación de transformación 6/20 kV.
-Válvula de bolboreta deseñada para unha presión nominal de 16 bar.
-Grupo oleohidráulico de presión de aceite, con dous equipos motobomba.
-Ponte guindastre de 10.000 kg de capacidade de elevación e 6,30 m de luz.
-Instalacións de medida, control, protección e manobra.
Sétimo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento de instalación acollida á réxime especial regulado polo R.D. 2818/1998.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado polo Real decreto 249/1998, do 18 de marzo, e o Real decreto 2818/1988, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.
Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.
Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas
RESOLVE:
-Autoriza-las instalacións electromecánicas da Central hidroeléctrica de Fragoso no río Fragoso, nos termos municipais de Lobeira e Lobios, provincia de Ourense.
-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.
-Recoñecerlle a esta central hidroeléctrica, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.4) do artículo 2 do dito real decreto.
Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade, medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.
Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial a esta instalación, a citada empresa deberá inscribirse no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG de 14 de xullo), para lo que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artículo 12 do R.D. 2818/1998, e presentar a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.
Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria

