De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).
Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, r\ Palma, 4.
Nº de expediente: PESAN1 2000/000351-5.
Denunciada: Mª del Carmen Alonso Caamaño.
DNI: 36.029.574-M.
Enderezo: 1ª Travesía de Foxos, 29-1º, Teis, Vigo.
Nº de expediente: PESAN1 2000/000354-5.
Denunciada: Digna Míguez Cousiño.
DNI: 35.529.797.
Enderezo: Camiño do Forno, Sabaxáns, Vigo.
Vigo, 15 de setembro de 2000.
José Carlos Mata Domínguez
Instructor

