Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 14.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO das listas provisionais de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo dunha praza de oficial de 2ª de reprografía do CIXTEC.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 28 de xullo de 2000, do Centro Informático para

a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo dunha praza de oficial de 2ª de reprografía do CIXTEC, anúnciase que o director xeral deste centro dictou Resolución do 25 de setembro, pola que declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos das citadas probas selectivas.

As devanditas listas están expostas no taboleiro de anuncios do citado centro, podendo ser consultadas, así mesmo, no seguinte enderezo da Internet http: // www.cixtec.es.

Así mesmo, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para poder corrixi-los defectos que motivaron a súa exclusión.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

Gonzalo Gómez Móntaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable