Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 14.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Aprobadas pola Comisión de Goberno, en sesión do 10-7-2000 as bases da oposición que se convoca para a provisión dunha praza de sarxento da policía local, vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público aprobada para o ano 2000, faise público un extracto delas, publicándose o seu texto íntegro no BOP de Pontevedra.

1. Obxecto da convocatoria. Provisión, mediante oposición libre, da praza de sarxento da policía local, encadrada no grupo C, co nivel 19.

2. Requisitos. Ser español. Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder dos 50 anos. Atoparse en posesión do título de bacharel superior, FP2 ou equivalente. Non estar inhabilitado nin separado do servicio das administracións públicas. Ser titular dos permisos de conducir das clases A1 ou A e B e BTP ou equivalentes. Posuír unha estatura mínima 1,70 m, no caso de aspirantes masculinos, e de 1,65 m, no de aspirantes femininas. Comprometerse a portar armas e, se é o caso, chegar a utilizalas. Acredita-la aptitude física mediante certificado médico. Non estar incurso en incapacidade ou incompatibilidade. Estes requisitos deberán ser referidos á data na que se remate o prazo de presentación de instancias.

3. Solicitudes e admisión. As instancias, ás que se engadirán o certificado médico e o compromiso de portar armas, serán dirixidas ó alcalde-presidente, e presentadas no rexistro xeral do concello, ou en calquera das formas establecidas polo artigo 38.4º da Lei 30/1992, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria, no DOG. Os dereitos de exame fíxanse na cantidade de 5.000 ptas.

4. Tribunal cualificador. O tribunal cualificador da oposición estará integrado do seguinte xeito: presidente: o alcalde. Secretario: o da corporación. Vocais: o concelleiro-delegado de Persoal; un representante da Xunta de Galicia; un representante da Xefatura Provincial de Tráfico; un funcionario de carreira; e un representante dos sindicatos. A designación dos membros do tribunal incluirá a dos respectivos suplentes.

5. Probas da oposición. As probas divídense en probas de aptitude física e probas teóricas. As primeiras consistirán nun recoñecemento médico, nun exame psicotécnico e probas de capacitación física: resistencia, percorrer 500 m lisos en 2 minutos e 30 segundos para homes, e 3 minutos para mulleres. Velocidade, percorrer 50 m lisos en 9 segundos para homes, e 10 segundos para mulleres. Lanzamento,

dunha bola de 5 kg, para os homes, e de 3 kg para mulleres, que deberá alcanzar unha distancia mínima de 5,5 m. Forza flexora, 5 flexións en barra para homes e 3 para mulleres, nun tempo máximo de 1 minuto. Salto de lonxitude, 3,5 m para homes e 3 m para mulleres. Salto de altura, 1,10 m para homes, e 1 m para mulleres. A cualificación será global, coa avaliación de apto ou non apto.

Probas teóricas: 1º exercicio, desenvolvemento por escrito (en galego) de dous temas elixidos dentro dos que figuran no programa. 2º exercicio, práctico, desenvolvemento por escrito dun suposto práctico formulado polo tribunal.

6. Relación de aprobados e presentación de documentación. Por proposta do tribunal a Comisión de Goberno acordará o nomeamento como funcionario en prácticas, que deberá presenta-la documentación esixida nestas bases e tomar posesión no prazo máximo de 30 días.

7. Curso selectivo de formación. O funcionario nomeado participará no curso selectivo de formación que convoque a Academia Galega de Seguridade e, superado este, será nomeado definitivamente funcionario de carreira.

8. Programa. O programa, co texto íntegro das bases, publícase no BOP de Pontevedra. Poderán obterse, así mesmo, as bases e o modelo de instancia na secretaría do concello.

Cambados, 15 de setembro de 2000.

José M. Cores Tourís

Alcalde