Aprobado inicialmente, pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas, con data 30 de marzo de 2000, o proxecto de urbanización da unidade de actuación 20, sométese a información pública, por un período dun mes para efectos de reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo art. 44.31º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, entenderase definitivamente aprobado se non se presentan reclamacións.
Cangas, 18 de setembro de 2000.
Carlos Vázquez Marinelli
Alcalde en funcións

