Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 14.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso de proxectos con intervención de xurado (referencia As2000/17).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Número de expediente: As2000/17.

2. Obxecto do contrato: selección de anteproxectos con intervención de xurado e contratación da redacción do proxecto e dirección das obras de construcción do Centro Social Municipal dos Mallos.Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 14.058.329 ptas. (84.492,26 euros) IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: trinta días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de documentación e outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: o prego de cláusulas administrativas particulares exponse ó público para que poidan presentarse reclamacións polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó deste anuncio.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de setembro de 2000.

P.D.

Javier Losada de Azpiazu

Tenente de alcalde, coordinador de Facenda e Interior