Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 13 de outubro de 2000 Páx. 14.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COTOBADE

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, dos traballos de consultoría e asistencia para redacción de PXOM e realización de cartografía.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Cotobade.

Dependencia: secretaría.

Número de expediente: 11/2000.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: *Realización de cartografía a escala 1:1.000 nos seguintes lugares:

-A Chan, A Asperiña, A Cuqueira, O Berberote e A Braña, na parroquia de Carballedo.

-Lérez, Barro, Tralasmós, A Torre Vella e Covas, na parroquia de Tenorio.

*Realización de cartografía a escala 1/2.000 nos restantes núcleos do concello.

*Redacción de Plan Xeral do Ordenación Municipal.

Estes traballos realizaranse seguindo as directrices establecidas nos correspondentes pregos de prescricións técnicas.

División por lotes: non.

Prazo de execución: punto 2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 15.800.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 316.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cotobade (Secretaría).

Domicilio: Carballedo A Chan 11.

Teléfono: 986 76 00 01.

Fax: 986 76 01 30.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se precisa.

Outros requisitos: acreditación de solvencia económica, ter relación co obxecto do contrato e dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio da licitación no BOP ou DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: punto 6 anuncio.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio, localidade: punto 6 anuncio.

Data, hora: 12 horas do día háibl seguinte, agás sábado, ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó establecido na cláusula 15 do prego.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Cotobade, 3 de outubro de 2000.

José Ramón Abal Varela

Alcalde