Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2000, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Universidade da Coruña os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:
Primeira.-Solicitudes.
As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixiranse á Universidade da Coruña e presentaranse no seu rexistro xeral, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Segunda.-Prazo.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.
Terceira.-Selección.
1. Os criterios de selección serán os que figuran no anexo atendendo ás características de cada curso, respectando en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública, do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).
Cuarta.-Certificado de asistencia.
Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.
A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, que supere o 15% das horas lectivas programadas, impo
siblilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2000.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración
Pública
ANEXO I
Curso: Técnicas de redacción de informes, propostas e resolucións.
1. Obxectivos.
Domina-las técnicas de redacción dos documentos administrativos complexos.
2. Destinatarios.
Funcionarios dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I e II da Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo desenvolvan tarefas relacionadas coas materias obxecto do curso.
3. Desenvolvemento.
3.1. Duración: 20 horas.
3.2. Número de edicións: 2.
3.3. Lugares e datas de realización:
1ª edición: A Coruña, 13, 14, 15, 16, 21, 22 e 23 de novembro de 2000.
2ª edición: A Coruña, 20, 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de novembro de 2000.
3.4. Horario: das 17 ás 20 horas.
3.5. Prazas: 25 por edición.
4. Contido.
A linguaxe administrativa como linguaxe de especialidade. Criterios xerais de estilo na redacción administrativa. Os informes. As resolucións. Os recursos.
Curso: Básico de arquivo.
1. Obxectivos.
A iniciación ó tratamento documental e as técnicas de arquivo na Administración pública.
2. Destinatarios.
Persoal da Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia, pertencente ós grupos C, D e E e laborais III, IV e V, que no desempeño do seu posto de traballo leven a cabo tarefas de arquivo de documentación administrativa.
3. Desenvolvemento.
3.1. Duración: 20 horas.
3.2. Número de edicións: 4.
3.3. Lugares e datas de realización:
1ª edición: A Coruña, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16 de novembro de 2000.
2ª edición: Ferrol, 7, 8, 9, 13, 14, 15 e 16 de novembro de 2000.
3ª e 4ª edicións: A Coruña, 21, 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de novembro de 2000.
3.4. Horario: das 17 ás 20 horas.
3.5. Prazas: 35 por edición.
4. Contido.
Información e documentación. O proceso documental. Os documentos das administracións públicas. As técnicas de arquivo.

