Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Cervezas San Martín, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Cervezas San Martín, S.A. de Ourense (código convenio nº 3200102), con entrada nesta delegación provincial o día 19-7-2000, subscrito en representación da parte económica empresa, e, da parte social, delegado de persoal, o día 16-6-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 24 de xullo de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo 2000 da

empresa Cervezas San Martín, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo afectarán a todo o persoal da empresa Cervezas San Martín, S.A. que preste os seus servicios no centro de traballo, sito no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense).

A súa aplicación será obrigatoria a todo o persoal que se encontre en alta no momento de ser asinado e que estea comprendido na Ordenanza laboral da industria cervexeira do 23 de xullo de 1971, tendo o carácter de complemento da lexislación vixente e, en particular, da citada ordenanza.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e prórroga.

Este convenio colectivo, que entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000, estará vixente ata o 31 de decembro de 2000. Poderá ser prorrogado de ano en ano se ningunha das partes o denunciase cunha antelación dun mes, como mínimo, respecto da data da súa expiración, conforme o disposto na Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 3º.-Retribucións.

Apróbase a táboa salarial anexa a este convenio. Establécese un incremento do 3% sobre a táboa de 1999.

Revisión salarial. En caso de que do índice de prezos ó consumo (IPC) esteablecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 2000 un incremento supe

rior ó 3%, efectuarase unha revisión salarial pola diferencia entre o incremento pactado (3%) e o real constatado. Esta revisión terá efectos desde o 1-1-2000 e para o seu cálculo tomarase como referencia a táboa salarial do ano 1999.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores fixos de tódalas categorías, agás os aspirantes e aprendices, desfrutarán de aumentos periódicos nos seus haberes, consistentes en doce bienios do 5 por cento, como máximo, en razón da súa antigüidade na empresa.

Estas porcentaxes aplicaranse exclusivamente sobre o salario base que lle corresponda á última categoría laboral que posúa o productor de que se trate.

Artigo 5º.-Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias pagadas a razón do salario real (salario base+antigüidade+complemento de convenio), nos meses de xullo, setembro e decembro.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que exceda da duración máxima da xornada semanal de traballo pactada no artigo 12º deste convenio, terá a consideración de hora extraordinaria.

O seu aboamento efectuarase cun incremento sobre a hora pactada do 75 por cento, as diarias, e do 100 por 100, as realizadas en domingos e festivos.

A base para o cálculo, así coma os importes resultantes por aplicación das recargas sinaladas no parágrafo anterior, son os pactados e que figuran na táboa salarial anexa, que serán igual para tódolos traballadores da mesma categoría, sen distinción da antigüidade individual.

Artigo 7º.-Traballos en días festivos do persoal a quendas.

O persoal de traballo a quendas que polas especiais características do proceso non se poden interromper e que traballen en festas laborais, é dicir, festivos que non sexan domingos, percibirán, sen prexuízo da compensación do día de descanso correspondente, a gratificación que se detalla a seguir, a cal será incrementada co complemento de antigüidade que corresponda:

Oficial 1ª X.E.: 6.484 pesetas.

Oficial 1ª: 6.282 pesetas.

Oficial 2ª: 6.056 pesetas.

Axudante: 5.869 pesetas.

Auxiliar 1ª: 5.678 pesetas.

Auxiliar 2ª: 5.496 pesetas.

Auxiliar 3ª: 4.401 pesetas.

Esta gratificación será absorbida cando a retribución por traballo nestes días festivos teña distinta consideración á de xornada normal.

Durante os períodos de vacacións ou baixas de persoal, en caso de non se cubri-la quenda dos martes e mércores pola mañá, cubrirase necesariamente con quen corresponda, cunha compensación económica do 100% sobre o valor da hora pactada na táboa salarial para 2000, sen que exista ningunha obriga complementaria por parte da empresa.

Artigo 8º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte igual para todo o persoal da fábrica, de igual contía có custo dun billete de ida e volta en autobús da empresa Cercanías de Ourense e polo traxecto Ourense-Polígono.

Artigo 9º.-Nocturnidade e prima de actividade.

Nocturnidade. Os traballadores que realicen a súa xornada laboral nas horas consideradas como nocturnas, é dicir, entre as 22 e as 6 horas, percibirán un complemento do 25% do salario base.

Prima de actividade. Establécese un incremento do 3% sobre a prima de actividade de 1999 para tódolos traballadores, por mes realmente traballado, quedando fixada esta en 5.026 pesetas.

Artigo 10º.-Modificación de categoría profesional de implantación de novo sistema de traballo.

Tódalas seccións da empresa se consideran como integradas nun único proceso productivo.

Tódolos traballadores, calquera que sexa a súa categoría profesional, atenderán as áreas inherentes ó dito proceso, segundo as instruccións dos seus mandos e responsables, no sentido de optimización e mellora de rendementos e productividade do proceso. Para iso, promociónase á categoría de oficial de 1ª un máximo de catro oficiais de 2ª e a un mínimo dos que reúnan as condicións previstas no artigo 24 do Estatuto dos traballadores; igualmente, promociónase á categoría de oficiais de 2ª un axudante, que igualmente reúna as condicións previstas.

Como consecuencia deste único proceso productivo, modifícase o sistema de traballo para o actual cadro de persoal de 12 traballadores, formándose 5 equipos de traballo, composto por dúas persoas cada equipo, das cales un deles terá necesariamente categoría de oficial de 1ª. As restantes persoas estarán en réxime de fóra de quenda de luns a venres, con carácter non definitivo e mentres as circunstancias do proceso o permitan.

As quendas serán de carácter rotativo coa seguinte orde:

1º Quenda de noite.

2º Quenda de mañá.

3º Quenda de tarde.

4º Fóra de quenda.

A reincorporación ó traballo, despois do desfrute das vacacións, farase en réxime de fóra de quenda, na vez de se incorporar á quenda que tiña anteriormente.

Despois dun período de baixa por enfermidade, o traballador reincorporarase ó traballo na quenda que lle correspondería se non estivese de baixa.

En caso de dúas ou máis baixas por enfermidade, adaptaranse as quendas ás necesidades do proceso.

Cando por necesidades do proceso coincidan dous oficiais de 2ª na mesma quenda, un deles farase cargo da quenda, como responsable dela e en funcións de oficial de 1ª, percibindo a diferencia de posto correspondente. A empresa designará o responsable da quenda, en caso necesario.

Como consecuencia desta implantación do novo sistema de traballo, establécense as compensacións económicas seguintes:

Oficial 2º: 2.000 pesetas/mes realmente traballado.

Axudante: 3.000 pesetas/mes realmente traballado.

Esta compensación faise extensiva ó mes de vacacións.

Artigo 11º.-Impostos e cargas sociais.

Os impostos, cargas sociais e calquera deducción de tipo obrigatorio que gravan na actualidade ou que graven no futuro as condicións económicas pactadas neste convenio, serán satisfeitos por quen corresponda conforme a lei.

Capítulo III

Xornada de traballo

Artigo 12º.-Xornada.

Establécese unha xornada para tódolos traballadores de corenta horas semanais.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal, sen distinción de grupos e categorías profesionais, terá dereito a desfrutar anualmente un período de vacacións retribuído de 30 días naturais.

O calendario para desfrute das vacacións pactarase entre a empresa e os traballadores. Se non hai acordo, e tendo en consideración as características do proceso productivo, a empresa fixará as quendas de descanso do persoal de acordo co preceptuado no artigo 38 da Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores.

Como compensación para o persoal que desfrute das vacacións nos meses de fóra do período de verán (xuño, xullo, agosto e setembro), establécese unha compensación económica de 21.700 pesetas, que ten carácter graciable e non computable para efectos de sucesivos convenios, a non ser que haxa pacto en contrario. As quendas de vacacións sortearanse cada ano entre tódolos traballadores.

Tal período de vacacións será retribuído na súa totalidade polo salario real que se veña percibindo.

Artigo 14º.-Licencias con soldo.

A empresa concederá licencias con soldo nos casos seguintes e na duración que se indica:

a) Quince días naturais por matrimonio do traballador.

b) Tres días naturais por parto da esposa; esta licencia ampliarase en dous días máis, en caso de intervención cirúrxica.

c) Tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas por enfermidade grave ou operación cirúrxica maior de cónxuxe, fillos, pais, irmáns, netos e avós.

d) Tres días naturais por falecemento dos familiares citados.

e) Un día natural por matrimonio de irmáns ou fillos.

f) Un día natural por falecemento de familiares indirectos.

g) Polo tempo indispensable para a consulta do traballador co médico de cabeceira ou especialista, sen que en ningún caso esta licencia poida superar dúas horas.

h) En caso de que o feito causante se desenvolva fóra da provincia do domicilio habitual, estas licencias serán ampliadas un día natural.

i) Un día por traslado de domicilio do traballador.

O traballador estará obrigado a presentar, en calquera caso, documentos ou xustificantes legais ou médicos que acrediten a existencia das circunstancias alegadas pola obtención das licencias anteriores. Estas licencias terán que se desfrutar no momento de se produci-lo feito causante.

Artigo 15º.-Festividade da patrona.

Con independencia das festas nacionais e locais dispostas pola autoridade competente, os traballadores afectados por este convenio festexarán a patrona da industria cervexeira, Virxe das Viñas, que normalmente cadra co 10 de setembro, que de ser traballada haberase que ater ó disposto no artigo 7º deste convenio.

Capítulo IV

Prestacións e servicios sociais

Artigo 16º.-Axuda por incapacidade laboral transitoria.

Todo o persoal afectado por este convenio, en caso de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade común, accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente laboral percibirá un complemento ata acada-lo 100% do salario real, nos seguintes casos:

A) Enfermidade común, accidente non laboral con internamento en centros hospitalarios. En tódolos casos e desde o feito da baixa. Cando despois da alta clínica o traballador debe continuar tratamento no seu domicilio, poderá ser sometido a recoñece

mento polo médico de empresa, e outro que esta designe, e á vista do xuízo emitido reconsiderarase a concesión deste complemento.

B) Demais casos de enfermidade común. Naqueles casos en que a empresa o considere conveniente logo dos pertinentes informes.

C) Accidente laboral. En tódolos casos, sen prexuízo de recoñecemento a que se fai referencia na letra A).

Artigo 17º.-Seguro de vida.

A empresa manterá un seguro de vida, para todo o persoal afectado por este convenio, sendo por conta dela a prima correspondente ata un máximo de catrocentas mil pesetas anuais. Se unha vez recoñecido o montante da prima, resultase superior á citada cantidade, o excedente correrá por conta do persoal, rateado en partes iguais.

A póliza cubrirá as seguintes continxencias:

A) Falecemento por morte natural: 2.000.000 de pesetas.

B) Invalidez permanente absoluta e derivada de enfermidade ou accidente: 2.000.000 de pesetas.

C) Morte por accidente: 4.000.000 de pesetas.

D) Morte por accidente de circulación: 6.000.000 de pesetas.

As condicións para a eficacia deste seguro será o reflectido na póliza da compañía Winterthur.

Artigo 18º.-Economato.

A empresa comprométese a xestionar directamente cos almacéns de productos básicos (alimentación, vestiario, etc.) co fin de que o persoal poida efectuar compras, en condicións máis vantaxosas có mercado libre.

Artigo 19º.-Uniformidade.

A empresa facilitaralle cada ano ó persoal operativo a roupa de uniforme que cumpra para o desenvolvemento das súas actividades.

Así mesmo, facilitaranse en casos de servicios ó exterior, as pezas de roupa de auga e de abrigo adecuadas.

As demais pezas de roupa do equipo renovaranse cando se deterioren.

Artigo 20º.-Seguridade e hixiene.

Ámbalas partes manifestan a vontade de prove-los medios necesarios para unha mellora permanente das condicións de traballo no tocante á seguridade e hixiene; para iso constitúese o Comité de Seguridade e Hixiene na empresa e estará composto por dous representantes da empresa e dous traballadores, e presidido polo director da fábrica.

Reunirase, cando menos, unha vez ó mes. Estudiaranse os distintos aspectos para a mellora das condicións de seguridade e hixiene. De tódalas reunións, levantarase a acta correspondente.

Artigo 21º.-Fomento de contratación.

As partes contratantes deste convenio reiteran os seus desexos de fomentaren a contratación indefinida de traballadores.

Malia iso, e como fase previa á estabilidade no posto de traballo, e por estar encadrada a empresa nun sector no que non existe unha problemática específica, establécese a seguinte forma de contratación:

a) Contrato eventual por circunstancias de producción, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos: as partes acordan que, de conformidade co establecido no art. 15.1º b) do Estuto dos traballadores, modificado pola Lei 63/1997, co obxecto de aproveita-lo máximo as posibilidades de emprego que ofrece a empresa, a duración máxima do contrato eventual por circunstancias de producción, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos será de trece meses e medio dentro dun período de 18 meses.

Capítulo V

Garantías

Artigo 22º.-Garantías sociais.

Os representantes dos traballadores desfrutarán, en todo momento, das garantías sindicais que estean establecidas pola lexislación vixente. Ningún traballador poderá ser discriminado por razón da súa afiliación política ou sindical.

Artigo 23º.-Reunións.

A empresa porá un taboleiro de anuncios á disposición do delegado de persoal, co fin de que poidan informar a todo o persoal sobre os asuntos que o poida afectar.

Táboa salarial 2000

CategoríaNivelSalario baseP. convenioTotalBase H. pactada75%Mellorada

-Titulados
SuperiorA257.87990.207348.0861.3542.3703.149
MedioA236.96864.136301.1041.2102.1182.807
MedioB208.33264.136272.4681.0481.8332.452

-Técnicos
Xefe de 1ªA214.89659.802274.6981.0481.8322.452
Xefe de 2ªA180.53753.039233.5768781.5362.049
Oficial de 1ªA149.73852.611202.3497531.3181.748

CategoríaNivelSalario baseP. convenioTotalBase H. pactada75%Mellorada

Oficial de 2ªA113.06943.812156.8816451.1281.500
AuxiliarA101.23142.579143.8105579751.298
Encargado149.73852.611202.349

-Administrativo
Xefe de 1ªA214.89659.802274.6981.0481.8322.452
Xefe de 2ªB191.14359.802250.9459671.6932.251
Xefe de 2ªA180.53753.039233.5768781.5362.049
Xefe de 2ªB161.24450.913212.1578131.4221.889
Oficial de 1ªA149.73852.611202.3497531.3171.748
Oficial de 1ªB137.37847.039184.4177021.2291.623
Oficial de 2ªA122.26844.704166.9726451.1281.500
Oficial de 2ªB113.06943.821156.8906451.1281.500
AuxiliarA101.23142.580143.8115579751.298

-Subalternos
Subalt. 1ª X.E.A113.06943.821156.8906451.1281.500
Subalterno 1ªA106.21243.154149.3665971.0451.389
Subalterno 2ªA99.19342.388141.5815429481.266

-Obreiros
Oficial 1ª X.E.3.99144.5686891.2061.638
Oficial de 1ª3.60243.4226101.0681.584
Oficial de 2ª3.44542.8955719981.508
Axudante3.30642.4855429481.430
Auxiliar de 1ª3.24342.260525920
Auxiliar de 2ª3.16242.069514900
Auxiliar de 3ª2.48031.864406710

San Cibrao das Viñas (Ourense), 16 de xuño de 2000.

Pola representación social, o representante dos traballadores: Asdo. Carlos A. Serantes Gómez. Pola representación empresarial, o administrador único: Asdo. Jean Pierre Deffis. O director de fábrica: Asdo. Ricardo García Blanco.