Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -polo trámite de urxencia- e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras da travesía de Navia de Suarna, terceira fase. (Clave LU-00-52.6).

Por Resolución do 14 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Obras Públicas, foi aprobado o proxecto das obras de trazado da travesía de Navia de Suarna, terceira fase. Clave: LU-00-52.6.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 29 de setembro de 2000, declárase urxencia para efectos de aplicación do procedemento que regula para o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto, convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Navia de Suarna e na Delegación Provincial de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación delas, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o considerase necesario.

Lugar: Concello de Navia de Suarna. O levantamento de actas terá lugar no salón de actos do Concello de Navia de Suarna.

Día: 8 de novembro de 2000, ás 11 horas.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse á súa costa se o estimaren oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta destes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese a información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia sita na Ronda da Muralla nº 70, 27001-Lugo, as ale

gacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 20 de outubro de 2000.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe Provincial de Estradas