Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.788

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000 pola que se convocan probas selectivas para cubrir 8 prazas de auxiliar técnico de biblioteca, grupo IV, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 18 da Lei de reforma universitaria en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así como nos estatutos desta universidade, resolve convocar

probas selectivas para cubrir 8 prazas de auxiliar técnico de biblioteca do grupo IV, vacante no seu cadro de persoal laboral, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir con persoal laboral fixo 8 prazas de auxiliar técnico de biblioteca do grupo IV, do convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia (DOG do 18 de outubro de 1996), pola quenda de promoción interna e de acceso libre.

1.2. A totalidade das prazas convocadas resérvanse na quenda inicial, á promoción interna.

1.3. As prazas que non sexan cubertas pola quenda anterior reservaranse para o acceso pola quenda libre.

1.4. Os/as seleccionados/as pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre os da quenda libre para elección de prazas.

1.5. Os aspirantes só poderán participar nunha das dous quendas de acceso.

1.6. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, do que as probas e valoracións se axustarán ó que se especifica no anexo I desta convocatoria.

1.7. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo, efectuarase de acordo coa puntuación total obtida sumando ámbalas dúas fases.

1.8. O programa que rexerá na fase de oposición especifícase no anexo II.

2. Requisitos dos aspirantes.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o momento de formalización do contrato:

a) Ser español ou nacional de calquera estado membro da Unión Europea.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado de servicio de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio da función pública.

2.2. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Teren a condición de persoal laboral fixo de calquera das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Pertenceren a distinta categoría cá das prazas convocadas na presente convocatoria.

c) Teren unha antigüidade mínima de 6 meses como persoal laboral fixo na categoría á que pertenzan o último día do prazo de presentación de solicitudes.

d) Poderán quedar exentos do requisitos da titulación esixido para quenda libre, agás que na relación de postos de traballo a titulación sexa esixida preceptivamente.

3. Solicitudes.

3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá solicitalo ó rector da Universidade de Santiago de Compostela en instancia segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes deberán facer constar na súa solicitude a quenda pola que se inscriben, libre ou de promoción interna, segundo corresponda.

3.2. A instancia irá acompañada de fotocopia do DNI.

3.3. Os documentos xustificativos dos méritos que se van a valorar na fase de concurso, presentaranos no prazo improrrogable de 10 días contados a partir do seguinte ó da publicación das cualificacións do último exercicio da fase específica, os aspirantes que o superaran da seguinte forma:

3.3.1. Certificación acreditativa dos servicios prestados, expedida pola unidade de persoal da Universidade Pública de Galicia onde prestaron os ditos servicios referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

3.3.2. Fotocopia dos diplomas dos cursos de formación e cualificación profesional.

3.3.3. A experiencia profesional acreditarase mediante certificación da correspondente xerencia ou unidade de persoal da Administración onde prestase servicios.

3.3.4. A certificación acreditativa dos extremos indicados na base 3.3.1., 3.3.2. (certificaranse os cursos que consten no expediente) e 3.3.3., expedirase de oficio para os aspirantes que presten ou prestasen os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela, e engadirase á solicitude do aspirante.

3.3.5. En calquera momento a universidade poderá requirir dos candidatos os orixinais ou copias debidamente compulsadas dos documentos que se correspondan coas copias simples presentadas.

3.4. A presentación de solicitudes e da documentación indicada nos parágrafos anteriores farase nos rexistros xerais da universidade situados no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n), na Vicexerencia de Lugo (Avda. Bernardino Pardo Ouro s/n, polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas

restantes formas previstas no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.5. Os dereitos de exame serán de 2.500 pesetas, que se ingresarán na conta de Caixa Galicia «Oposicións» número: 2091-0388-90-3110000646. Para realiza-lo ingreso deberá utilizarse por triplicado o modelo de solicitude que figura como anexo IV.

En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

3.5.1. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ós aspirantes que sexan excluídos definitivamente destas probas selectivas e para tal efecto o reintegro realizarase de oficio, para o que terán que facer consta-los datos bancarios que para tal efecto figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncia á devolución dos dereitos de exame.

3.6. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na súa instancia e solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que a adaptación sexa necesaria.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de admisión de solicitudes o rector da Universidade de Santiago de Compostela dictará resolución, no prazo dun mes, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos, na que consten as causas da exclusión e o prazo para reparalas. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do rectorado.

Para repara-los defectos que motivaran a exclusión ou omisión das devanditas relacións, os aspirantes disporán dun prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución. Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non reparasen a exclusión ou omisión, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

A resolución definitiva, publicada no rectorado, esgota a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso ante a xurisdicción contencioso administrativa, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa, ou recurso potestativo de reposición diante do rector no prazo dun mes de acordo co previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura como anexo III a esta convocatoria e terá a categoría 4ª das recollidas no Real decreto 236/1988,

do 4 de marzo (BOE do 19 de marzo), modifica-

da pola Resolución do 22 de marzo de 1993 da Subsecretaría de Economía e Facenda e para as Administracións Públicas, pola que se revisan os

importes das indemnizacións establecidas (BOE do 26 de marzo), e no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), modificado polo Decreto 21/1994, do 4 de febreiro (DOG do 14 de febreiro).

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir notificándollo ó rector da universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontrar incursos nas circunstancias previstas nos devanditos artigos.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias antes citadas.

5.3. A partir da súa constitución o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes.

5.4. Dentro da fase de oposición o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.5. O tribunal poderá dispo-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación destes asesores deberá comunicárselle ó rector da universidade. O nomeamento dos asesores farase público, e seranlles de aplicación as causas de abstención e recusación igual que os membros do tribunal.

5.6. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos nos que resulte necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.6 as adaptacións posibles en tempo e medios para a súa realización.

5.7. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes. O tribunal excluirá aqueles opositores que consignen o seu nome nas follas de exame, trazos, marcas ou signos que permitan coñece-la súa identidade.

5.8. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes có das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

5.9. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede no Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal, de conformidade co previsto no artigo 22.2º do convenio colectivo, poderá preve-la constitución de listas de agarda, segundo a orde de puntuación acadada nas probas, cos aspirantes que non as superaron, coa finalidade de atender, mediante contratacións temporais as vacantes e necesidades que poidan producirse ata a realización da próxima convocatoria.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade co establecido na Resolución do 15 de marzo de 2000 da Dirección Xeral da Función Pública.

6.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para que acrediten a súa identidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun só chamamento, e serán excluídos das probas aqueles que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados, e libremente apreciados polo tribunal.

6.4. O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio faranse públicos na resolución que aprobe a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

6.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase nos locais onde se realizara o primeiro deles así como no rectorado da universidade, ou por calquera outro medio que se coide conveniente para asegura-la súa máxima divulgación, cunha antelación de polo menos vintecatro horas á sinalada para a súa iniciación.

6.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes carece dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñerlle a súa exclusión ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, comunicándolle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo aspirante na súa solicitude para os efectos procedentes.

7. Lista de aprobados.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública a relación dos aspirantes seleccionados en cada un deles, con indicación da puntuación obtida.

7.2. A lista coa valoración de méritos da fase de concurso farase pública unha vez celebrado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.3. A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida no anexo I. En caso de empate, daráselle preferencia á maior puntuación obtida na fase de oposición. De persisti-lo empate dirimirase a prol do candidato que obtivese a maior puntuación na fase de coñecementos específicos. O tribunal fará pública, para cada quenda de acceso, a lista dos aspirantes que, segundo a orde da puntuación total acadada por cada un deles, fosen seleccionados, e que en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas. A devandita relación, que será elevada polo tribunal ó rector da universidade xunto coa proposta de contratación a favor dos aspirantes que figuren nela, será publicada no taboleiro de anuncios do rectorado.

8. Presentación de documentos.

8.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte a aquel no que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados no rectorado da universidade, os/as aspirantes que figuren nelas deberán presentar no Servicio de Planificación e Programación de PAS (Casa da Balconada, Rúa Nova, 6 de Santiago de Compostela) a seguinte documentación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) Fotocopia compulsada do título esixido.

c) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública e de non acharse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin realizar actividade ou actividades suxeitas a incompatibilidades.

Os nacionais doutros estados membros da Unión Europea deberán acreditar igualmente non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu estado, o acceso á función pública.

d) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o imposibilite para o servicio.

e) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtivesen praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e, se é o caso, da Administración correspondente.

8.2. Os que tivesen a condición de persoal laboral fixo de calquera Universidade Pública de Galicia, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para acceder ó seu anterior posto, debendo presentar certificación da universidade correspondente para acreditar tal condición, de non te-la presentado con anterioridade.

8.3. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.4. Quen dentro do prazo fixado, e salvo o caso de forza maior, non presentase a documentación ou do seu exame se deducise que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeado como persoal laboral fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Disposición derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar a partir do día seguinte da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidad de Santiago de Compostela

ANEXO I

DENOMINACIÓN DA PRAZA: AUXILIAR TÉCNICO DE BIBLIOTECA

GRUPO IV

PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

1. O sistema de selección será o de concurso-oposición e constará das fases que a continuación se indican:

1.1. Primeira fase, de carácter eliminatorio (para quendas de promoción interna e acceso libre) constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, baseada no contido da primeira parte do programa que se relaciona no anexo II.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito as cuestións prácticas propostas polo tribunal e relacionadas coa primeira parte do programa que se relaciona no anexo II.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será 90 minutos.

A puntuación deste exercicio será de 0 a 30 puntos. Para aprobar será necesario obter un mínimo de 15 puntos.

1.2. Segunda fase:

Quenda de promoción interna.

Proba de galego. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. Constará de dúas probas:

Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

Quenda de acceso libre: terá carácter selectivo e non eliminatorio, constará de dous partes:

Primeira: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de preguntas tipo test, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes á parte non específica do programa.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

A puntuación desta parte será de 0 a 10 puntos.

Segunda: constará de dúas probas:

Primeira: consistirá na traducción, sen diccionario dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

Segunda: consistirá na traducción, sen diccionario dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora.

A puntuación será de 0 a 10 puntos.

Os aspirantes deberán ir provistos para a realización dos exercicios de lapis do nº 2 e goma de borrar.

1.3. Terceira fase: concurso.

Quenda de promoción interna: máximo 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 10 puntos a razón de 0,069 puntos por mes traballado.

b) Experiencia: máximo 15 puntos. Valorarase a razón de 0,21 puntos mes na mesma categoría en universidades públicas.

c) Cursos de formación e perfeccionamento, expedidos por centros oficiais ou homologados e que estean directamente relacionados co contido da praza. Máximo 5 puntos, que se puntuarán do seguinte xeito:

* Cursos de formación recibidos:

Cursos de aptitude: 0,02 puntos/hora de duración do curso.

Cursos de asistencia: 0,01 puntos/hora de duración do curso.

Curso de iniciación da lingua galega: 0,01 puntos/hora.

Curso de perfeccionamento da lingua galega: 0,02 puntos/hora

No caso de te-los cursos de iniciación e perfeccionamento de galego, só puntuará o de perfeccionamento.

* Cursos de formación impartidos: 0,03 puntos/hora de duración do curso.

Nos cursos nos que non figure o número de horas, a puntuación farase polo mínimo de 10 horas.

Quenda de acceso libre: máximo 15 puntos.

Valoraranse os seguintes méritos:

a) Experiencia: máximo: 11 puntos.

-Na mesma categoría nas universidades públicas: 0,15 puntos por mes traballado.

-Na mesma categoría noutras administraciones públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

-Outras categorías nas universidades públicas: 0,076 puntos por mes traballado.

b) Cursos: valoraranse igual que en promoción interna ata un máximo de 4 puntos.

ANEXO II

PROGRAMA

I fase: coñecementos específicos.

1. A Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela (BUSC): estructura e funcións. Regulamento da BUSC.

2. Materiais documentais na biblioteca: preparación para o servicio ó usuario.

3. Organización e control de fondos: tipos de signaturas. Recontos.

4. Manipulación e conservación de fondos bibliográficos.

5. Catálogos informáticos e manuais.

6. Signaturización das obras: gravación de datos de exemplares no catálogo.

7. Servicios ós usuarios dunha biblioteca universitaria: tipos de servicios, lectura en sala: tipos de sala, control de servicio. Préstamo a domicilio. Normas, ficheiros, control e reclamacións.

8. Tarefas auxiliares en préstamo interbibliotecario: localización de solicitudes, gravación de datos no sistema informático e envío de documentos.

9. A recollida de datos estatísticos nunha biblioteca universitaria.

II fase: coñecementos non específicos.

1. Dereitos fundamentais e liberdades públicas do título primeiro da Constitución española.

2. III convenio colectivo do persoal laboral das universidades públicas de Galicia.

3. Universidade de Santiago de Compostela (USC). Estatutos.

4. USC. Clases e réxime xurídico do persoal de Administración e servicios.

5. Centros e servicios da USC. Denominación.

ANEXO III

TRIBUNAL TITULAR

Presidente: Francisco Méndez García, funcionario de carreira da escala de facultativos de biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

* Representantes da universidade:

Rosa María Bassave Roibal, funcionaria de carreira da escala de axudantes de biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Celia Elena Rosende Castro, grupo IV do corpo de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

* Representantes do comité de empresa:

José Manuel Vázquez Carreira, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Juan Oreiro Formoso, grupo V do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Vicente Mirazo Angueira, funcionario de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.

TRIBUNAL SUPLENTE

Presidente: José Antonio Regos Varela, funcionario de carreira da escala de facultativos de biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

* Representantes da universidade:

Teresa López Lajos, funcionaria de carreira da escala de axudantes de biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Julio Balado López, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

* Representantes do comité de empresa:

José Luis Veiga Goy, grupo III do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

José Tadeo Barcala González, grupo IV do cadro de persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Amalia Díaz Sánchez, funcionaria de carreira da escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz pero sen voto.