Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 19 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución recaída no expediente sancionador 71.12/1999, por infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución recaída no expediente sancionador de referencia, polos feitos sinalados, constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (en diante LC) e do seu Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da LC, aprobado polo R.D. 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos RR.DD. 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.).

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do R.D. 1398/1993 e 194.10º do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que figuran no expediente que estime oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 19 de setembro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 71.12/1999.

Denunciado: Galiaudio, S.L.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Fondevila, nº 63, 36002 Pontevedra.

Feitos sancionados: cambio de cuberta con aumento de volume e aproveitamento baixo cuberta.

Lugar: Lourido.

Concello: Poio.

Preceptos infrinxidos: arts. 25.2º e 26.1º da LC; arts. 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT., cuarta 2 c) da LC e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: arts. 90 c), 91.2º e), 95.1º e 97.1º b) da L.C. e arts. 174 c), 175.2º e), 179.1º e 183 b) do R.C.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 1.910.373 pesetas.

Medidas correctoras: ó abeiro dos artigos 95.1º da LC e 179.1º do R.C., o infractor estará obrigado á restitución das cousas e reposición ó seu estado anterior, debendo realizalo no prazo dun mes, desde que a resolución sexa definitiva en vía administrativa.