Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000317/2000, interposto por Dolores Moya Gómez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000317/2000, interposto por Dolores Moya Gómez, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 27 de outubro de 1999, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 30 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), pola que se fixeron públicas as puntuacións definitivas da fase de concurso.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública