Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

SUSPENSIÓN de concurso e convocatoria de procedemento negociado.

Debido ó atraso que tivo a publicación dos anuncios de licitación do concurso convocado por este concello para a con tratación das obras denominadas: pavimentación de rúas en Santa Xiá de Monfero, O Val Xestoso e O Alto de Xestoso, incluídas no POS 2000, que impide a súa adxudicación dentro do prazo que establece a normativa vixente, co fin de cumprilo e evita-la perda da subvención correspondente, acordouse suspende-lo citado concurso, anunciado no DOG nº 195, do 6 de outubro de 2000 e no BOP nº 243, do 23 de outubro de 2000, e ó amparo do artigo 141.c da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, pola imperiosa urxencia que se produce, resultante de acontecementos imprevisibles, convocar procedemento negociado para a adxudicación das ditas obras, que se resolverá aplicando os mesmos criterios e co mesmo sistema de valoración, previsto para o concurso, finalizando o prazo para a presentación de ofertas ás 13 horas do día 30 de outubro de 2000.

Monfero, 24 de outubro de 2000.

Andrés Feal Varela

Alcalde