Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación inicial.

Por decreto da alcaldía do 23 de outubro de 2000 aprobouse inicialmente a delimitación da unidade de execución, estudio de detalle, proxecto de compensación e proxecto de urbanización, en predio sito en Quintán-Mondego, tramitado por instancia de Manuel Vázquez Obras, S.L. Dando cumprimento ó establecido na Lei do solo de Galicia, ábrese un período de información pública para alegacións por espacio dun mes para a delimitación da unidade

de execución, o estudio de detalle e o proxecto de urbanización, e de vinte días para o proxecto de compensación, computándose o prazo a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Sada, 23 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado