Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación inicial.

Por decreto da alcaldía do 23 de outubro de 2000, aprobouse inicialmente o estudio de detalle e o proxecto de reparcelación da UEI-14, sitos na avenida Párroco Villanueva e tramitados por instancia de Juan Cipriano Fernández Arévalo. Dando cumprimento ó establecido na Lei do solo de Galicia, ábrese un período de información pública para alegacións por espacio dun mes para o estudio de detalle, e de vinte días para o proxecto de reparcelación.

Sada, 23 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado