Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.864

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se autorizan os centros de ensinanzas non universitarias para incorporarse á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar.

Pola Orde do 6 de marzo de 2000 (DOG do 4 de maio) convócanse os centros de ensinanzas non universitarias para incorporarse á bolsa de entidades colaboradoras no programa de prestación social substitutoria do servicio militar.

As solicitudes formuladas polos interesados foron remitidas a esta Vocalía da Comisión Galega de Obxección de Conciencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polas delegacións provinciais, clasificadas segundo a modalidade do programa solicitado.

Emitido o informe de conformidade da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa e conforme se indica no punto sétimo da orde de convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-los centros de ensinanzas non universitarias, que se indican no anexo, a incorporarse como entidades colaboradoras no desenvolvemento dos programas para realiza-la prestación social substitutoria do servicio militar, no ámbito educativo.

Segundo.-Remiti-la relación de centros de ensinanzas non universitarias que figuran no anexo a esta resolución á Comisión Galega de Obxección de Conciencia-Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para que se inclúan na bolsa de entidades colaboradoras.

Terceiro.-Os centros autorizados terán un responsable dos programas, que será a directora ou director do centro ou persoa na que delegue, e terá como funcións as seguintes:

a) Dirección, asignación e supervisión das actividades que realizará o colaborador social, facilitándolle preparación e adestramento axeitados para a realización das tarefas asignadas.

b) Supervisión do cumprimento da colaboración, levando o libro de incidencias sobre cumprimento da xornada, así como a autorización dos permisos regulamentarios que lles correspondan ós colaboradores sociais e a comunicación cos coordinadores provinciais de cada delegación.

c) Darlles ós colaboradores sociais a debida información sobre os seus dereitos e deberes, asegurándolles unha axeitada atención persoal.

Cuarto.-Calquera modificación que pretendan realiza-los centros ós programas autorizados deberá ser de novo autorizada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, debendo formula-la solicitude e xunta-la documentación que se indica no punto décimo segundo da orde da convocatoria.

Quinto.-A autorización dos centros educativos como entidades colaboradoras será prorrogable sempre que non se acorde a disolución da colaboración por parte do centro. Neste caso deberá comunicarllo, cunha antelación de seis meses e indicando as causas xustificativas, á Vocalía da Comisión Galega de Obxección de Conciencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria -Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesionalque resolverá o que proceda.

Sexto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2000.

María Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

Vocal da Comisión Galega de Obxección

de Conciencia

ANEXO

Relación de centros de ensinanzas non universitarias autorizados para incorporarse á bolsa de oferta de entidades colaboradoras co programa de prestación social substitutoria do servicio militar, segundo o establecido na Orde do 6 de marzo de 2000 (DOG do 4 de maio):

Provincia: A Coruña.

Centro de ensinoConcelloModalidade

Instituto de educación secundaria Isidro Parga PondalCarballoA

Instituto de educación secundaria Cabo OrtegalCariñoA

Colexio de educación infantil e primaria LabacaCoruña, AB

Instituto de educación secundaria Fernando WirtzCoruña, AA

Centro de ensinoConcelloModalidade

Instituto de educación secundaria Rafael DiesteCoruña, AB

Instituto de educación secundaria Eduardo Blanco AmorCulleredoA/B

Colexio de educación infantil e primaria Francisco López EstradaMañónA/B

Colexio privado Santiago ApóstolNarónA

Escola de educación infantil EsquíoOleirosA

Colexio de educación infantil e primaria A FragaPontes, AsB

Colexio privado La InmaculadaSantiago de C.A/B

Provincia: Lugo.

Centro de ensinoConcelloModalidade

Colexio de educación infantil e primaria GaldínCervoB

Escola de hostalería Belarmino Fernández IglesiasSoberB

Colexio de educación infantil e primaria Antonio Pedrosa LatasViveiroA

Provincia: Ourense.

Centro de ensinoConcelloModalidade

Colexio privado Sagrado CorazónCarballiño, OB

Provincia: Pontevedra.

Centro de ensinoConcelloModalidade

Colexio de educación infantil e primaria ValeixeCañiza, AB

Instituto de educación secundaria Manuel García BarrosEstrada, AB

Colexio de educación infantil e primaria de SeixoMarínA

Colexio de educación infantil e primaria A GuíaMoañaA/B

Colexio de educación infantil e primaria QuintelaMoañaB

Colexio de educación infantil e primaria SearaMoañaB

Colexio público integrado Ribeira TorneirosPorriño, OA/B

Colexio rural agrupadoPonteareasA

Colexio de educación infantil e primaria de MarcónPontevedraB

Colexio de educación infantil e primaria Alexandre BóvedaRedondelaB

Colexio rural agrupadoTomiñoA

Colexio rural agrupadoTuiA/B

Colexio de educación primaria Xesús Ferro CouseloValgaA

Colexio de educación primaria Santa TegraVigoB

Colexio privado Apóstol SantiagoVigoB

Colexio privado Hijas de María InmaculadaVigoA/B

Colexio privado María AuxiliadoraVigoA/B

Escola de educación infantil AragónVigoA

Escola de educación infantil Monte do AlbaVigoB

Colexio de educación infantil e primaria Virxe do RocíoVigoB

Colexio de educación infantil e primaria O PiñeiriñoVilagarcía de A.A