Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000535/2000, interposto pola Confederación Intersindical Galega.

Recibiuse nesta consellería escrito da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso contencioso-administrativo 01/0000535/2000, interposto pola Confederación Intersindical Galega contra a orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 6 de abril de 2000 (DOG nº 77, do 19 de abril), sobre regulación da xornada de traballo da Inspección de Turismo.

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 49 da citada Lei 29/1998, notifícaselles ós interesados e son emprazados para que poidan comparecer como demandados no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2000.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo