Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de outubro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan requirimentos de designación de perito, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Barciela Calvar, Carmen e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse requerimentos de designación de perito, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 2 de outubro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Barciela Calvar, Carmen.

DNI: non consta.

Candeán-A Rabadeira, 12 Vigo.

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. D.574, 575/1995.

Tpc. 3 e 4/1998.

Crespo Barciela, Mª del Carmen.

DNI: non consta.

Candeán-A Rabadeira, 12 Vigo.

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. D.574, 575/1995.

Tpc. 3 e 4/1998.

González Crespo, Mª Jesús.

DNI: non consta.

Candeán-A Rabadeira, 12 Vigo.

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. D.574, 575/1995.

Tpc. 3 e 4 4/1998.