Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de outubro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Costas Iglesias, José Antonio e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 3 de outubro de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Costas Iglesias, José Antonio.

DNI: 36.001.812.

Lg. San Xoán-Panxón Nigrán.

Acordo de devolución.

Exp. PO-0132-96,

dev. 303-304/2000.

Fernández Domínguez, Francisco.

DNI: 15.865.610.

Barcelona, 35-1º A Vigo.

Acordo de devolución.

Dev. 355/2000-357/2000.

García Opisso, Antonio Pablo.

DNI: X1265380N.

Serafín Avendaño, 10-6ºB Vigo.

Acordo de devolución.

Dev. 220/2000