Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental da liña de transporte de enerxía eléctrica Velle-San Pedro, así como a relación de propietarios, bens e dereitos afectados polo anexo presentado á súa modificación número un, anexo que afecta os concellos de Ourense e Nogueira de Ramuín. (Expediente IN407A 97/27-3 A.T.)

1. Alcance do anexo presentado.

Por resolución desta delegación provincial do 31 de agosto de 1999, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do proxecto modificado nº 1 de L.A.T. Velle-San Pedro, que afecta os concellos de Ourense, Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín. Esta resolución, xunto coa relación de bens e de dereitos afectados, saíu publicada nos seguinte medios: Diario Oficial de Galicia do 7-10-1999; BOP de Ourense do 21-10-1999 e no xornal diario La Región de Ourense, do 22-9-1999.

A empresa beneficiaria, Unión Fenosa Distribución, S.A., presentou anexo ó citado proxecto que se concreta en:

-Variante entre a saída da subestación de Velle e o apoio nº 3. Tramo que pasa a ser soterrado na súa totalidade e que foi realizado para adapta-la

instalación ás esixencias previstas na modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana do termo municipal de Ourense e á recualificación de solos que aquel prevé no contorno no que discorría a instalación en aéreo.

-Variante entre os apoios nº 18 e 23. Na realización do estudio arqueolóxico, necesario para a declaración do impacto ambiental da instalación, identificouse un xacigo arqueolóxico non catalogado, o que motivou a realización desta variante.

Pola presente sométese a información pública a relación de propietarios, bens e dereitos afectados por tales variantes, cos que ata o presente momento non se acadou o mutuo acordo, así como todos aqueles que resultan desafectados con relación ó trazado anteriormente previsto.

2. Urxente ocupación.

A beneficiaria, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, ten solicitada a declaración de utilidade pública da citada liña eléctrica, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou a adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa; iso segundo o procedemento establecido polos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó expediente polo sinalado na disposición transitoria primeira da citada Lei 54/1997.

3. Estudio de impacto ambiental.

Realizado conforme o sinalado no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e demais normativa de aplicación na materia, pode ser examinado nas dependencias desta delegación provincial e nos seguintes organismos: Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Medio Ambiente e nos concellos afectados.

4. Alegacións.

Os interesados, os seus representantes, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos afectados, foran omitidas, poden examina-lo expediente nas oficinas desta Delegación Provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º de Ourense, tamén nos organismos citados no punto 3 no que respecta ó estudio ambiental, e presentaren, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 14 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos desafectados

Expediente: 27/1997Provincia: Ourense

L.A.T. 220 kV Velle-San PedroTermo municipal: Ourense

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

2PousaPiñeiral

e monte baixo

Manuel Pena SeoaneLonia--036

2APousaMonteFrancisca Pérez SomozaCamiño do Medio, 2--692.251

2BPousaMonte baixo

e piñeiral

Rpta. Miguel Ángel

Rodríguez Blanco

Luis Somoza Sotelo

--0594

3PousaMonteHdos. Antonio SilvaVelle232511.691

4PousaMonteJosé Fernández PérezRío Conso, 6-2º I--0387

5PousaMonte baixo

e piñeiral

Francisca Pérez SomozaCamiño do Medio, 2--1294.598

6PousaMonte baixoJosé Somoza SoteloCamiño do Medio, 2

32004 Ourense

191

7PousaMonte baixoFrancisca Pérez SomozaCamiño do Medio, 2

32004 Ourense

739

8PousaMonte baixo

e alto

Indalecia Freire LosadaRegoufe--0115

9PousaMonte baixo

e alto

ExtracoAcceso Lonia de Arriba--1705.400

10PousaMonte altoPilar Martiña RodríguezEstr. Velle, 18

32004 Ourense

--0351

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

11PousaMonte altoExtracoAcceso Lonia de Arriba--54809

12PousaPista asfaltadaExtracoAcceso Lonia de Arriba--15274

13Bouzas, ChansMonte altoRpta. Miguel Ángel

Rodríguez Blanco

Hdos. Eligio San Miguel

34912240

14Bouzas, ChansMonteRpta. Miguel Ángel

Rodríguez Blanco

Hdos. Eligio San Miguel

--361.195

15Bouzas, ChansMonte altoRpta. Miguel Ángel

Rodríguez Blanco

Hdos. Eligio San Miguel

--38900

16Bouzas, ChansMonte altoExtracoAcceso Lonia de Arriba--0243

19Bouzas, ChansMonte alto

e viña

Rpta. Marta Pato Feijóo

(apoderada)

Hdos. Consuelo e Ramona

--30903

Expediente: 27/1997Provincia: Ourense

L.A.T. 220 kV Velle-San PedroTermo municipal: Nogueira de Ramuín

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

27Regata da PíngarMonte baixoDescoñecido0249

35LandeirasMonte baixoRpta. Emilia Barreiros

Amadora Fuentefría

Barreiros

32161192548977

38Valcovo DarribaMonte altoRpta. Hdos. Gerardo

Vázquez

Camila Doallo Dopazo

--23767

44Valcovo DarribaMonte altoManuel Vázquez DoalloR/ Nigrán, 2-1º D

36209 Vigo

12259

51Valcovo DarribaMonte altoCamila Doallo DopazoMelias 321618145

69MarmorialMonte altoMarisa Fernández RodríguezR/ Barcelona, 16-1º D--10565