Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/136-2, 5471 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Santa Marta-Cabo de Vila.

Situación: Paradela.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. de Esdulfe e remate no C.T. de Cabo de Vila en conductor LA-56 de 1.141 m de lonxitude sobre apoios de formigón. C.T. de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión en conductor R.Z. de 2.610 m de lonxitude sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 21 de setembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo