Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/218-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. a Picota.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 420 m de lonxitude, con orixe no apoio a intercalar na derivada que alimenta A Picota e final no C.T. Picota a instalar. Centro de transformación, en baixo de edificio, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Picota, do que partira rede subterránea en conductor R.V. de 175 m de lonxitude e rede aérea sobre apoios de formigón en conductor R.Z. de 20 m de lonxitude que conectarán a redes existentes. Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 29 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña