Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da seguinte instalación: parque eólico de Larouco. (Expediente IN661A 00/5-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do parque eólico de Larouco, coas seguintes características básicas:

Denominación: parque eólico de Larouco.

Solicitante: Iberdrola Diversificación, S.A.

Domicilio social: Iparaguirrre nº 12, 48009 Bilbao (Vizcaya).

Situación: terreos situados nos concellos de Baltar; Cualedro e Xinzo de Limia.

Delimitación, potencia: as coordenadas (UTM) (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-xUTM-y

16080004641000

26090004640000

36135004645500

46125004646000

O parque eólico de Larouco disporá dun conxunto de 49 aeroxeradores de 850 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 41,65 mW.

Alegacións; solicitudes en competencia: todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 19 de outubro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense