Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación para adxudica-la impartición do V Curso superior de urbanismo da Escola Galega da Administración Pública.

Por resolución do director da EGAP do día 1 de setembro de 2000, aprobouse promover expediente para a contratación, polo procedemento de concurso aberto, dun servicio de consultoría e asistencia técnica para a elaboración e impartición do V Curso superior de urbanismo da EGAP, e de acordo coa normativa vixente faise pública a correspondente licitación, segundo o seguinte resumo:

1. Obxecto: elaboración do contido do programa, impartición das correspondentes clases, subministración do respectivo material didáctico e outros, referentes ó V Curso superior de urbanismo da EGAP, que terá unha duración de 160 horas lectivas.

2. Tipo de licitación: once millóns de pesetas (impostos incluídos), á baixa.

3. Aplicación orzamentaria: a eficacia desta licitación queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente na partida 04.50122A.226.17 do orzamento de gastos da EGAP para o ano 2001, e o expediente económico que se tramita faise de acordo co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto.

4. Prazo de execución do contrato: dez meses, a partir do día do comezo do curso, data que será determinada pola EGAP.

5. Garantías: a fianza provisional será de duascentas vinte mil pesetas, e a definitiva equivalerá ó 4% do importe da adxudicación.

6. Prazo e lugar de presentación de proposicións: as proposicións, en modelo oficial, presentaranse, en horas de oficina da Xunta, en tres sobres pechados, que poderán estar lacrados, no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública, ou por calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Os aludidos sobres deberán reuni-los requisitos establecidos na cláusula 8.2 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

O prazo para a presentación da devandita documentación será ata ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día deste prazo fose sábado ou inhábil, este prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustificar na oficina de correos a data de imposición e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 63 37), de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

En cada un dos tres sobres figurará o nome do licitador, o seu enderezo, número de teléfono e o obxecto do contrato.

7. Documentación que terán que presenta-los licitadores: a que vén determinada na cláusula novena do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares e nos seus anexos II e III.

8. Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na sala de xuntas da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) ás 12 horas do terceiro día hábil que siga ó do remate do prazo de presentación de proposicións, agás que aquel día sexa sábado, o que, de ser así, se prorrogará automaticamente ó día hábil seguinte.

9. Exame do expediente: na Xefatura de Estudios da EGAP, no mesmo enderezo indicado anteriormente, das 9 ás 14 horas, de luns a vernes, en días laborables.

10. Anuncio: os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega da Administración Pública