Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de setembro de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor en réxime de aluguer, P-025/2000, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e na alínea primeira do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ó interesado cos datos e último domicilio coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagos e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas ou comparecer na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estime convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 25 de setembro de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/530 (expte. desaf. P-025/2000).

Cta.: 69.

Nome: Emilio Cortés Álvarez.

Enderezo: avda. Gregorio Espino, 43, 3º C (Vigo).

Débeda: 1.361.801 pesetas.