Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do plan director do Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña-fase I, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia.

A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 64 do 15 de febreiro de 1996, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: División de Recursos Económicos; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 61-fax 981 54 27 62.

2.Categoría do contrato: 12 (arquitectura).

Descrición: redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do plan director do Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña-fase I, por importe de 79.073.961 pesetas (475.244,07 euros).

3. Admisión de variantes: non se admiten.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: chamar á División de Recursos Económicos do Sergas, Servicio de Xestión; teléfonos 981 54 27 65//54 27 73.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 2 de decembro de 2000.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: quinto día natural seguinte ó do peche de recepción de ofertas, a partir das 10 horas na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas-San Caetano-Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Garantías esixidas: garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. División de Recursos Económicos do Sergas. Telf. 981 54 27 65//54 27 73.

15. Data de envío do anuncio: 11 de outubro de 2000.

16. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2000.

P.D. (Decreto 49/1998, do 5 de febreiro)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos